Primer Roteiro Fotográfico

Tenemos una nueva actividad en el estudio. Los ROTEIROS FOTOGRAFICOS

Ahora, con la llegada del buen tiempo, a que apetece ir a dar una vuelta y conocer rincones escondidos de nuestra ciudad, aprender a fotografiarlos y disfrutar de luego de una sabrosa experiencia gastronómica donde charlaremos de técnica fotográfica y demas cuestiones relativas a nuestra afición?

Si la respuesta es SI, no lo dudes y apúntate a nuestro roteiro

Los roteiros son una actividad que viene para quedarse. Pretendemos darle una continuidad, siempre manteniendo el espíritu de actividad lúdica y de contacto, en este caso con la naturaleza autóctona y en futuros con la arquitectura, con la artesanía... en definitiva con la cultura local

Os dejamos información relativa a este Primer Roteiro, donde contamos con una guia de lujo, la fotoperiodista Rosa Veiga y en la parte gastronómica con nuestros amigos del Dieciocho

Nos vemos en la Ruta de la Presa Negra... No te la pierdas!!!

 

mapa

 

Xornada gastro-fotográfica na ruta da “presa negra”

PUNTO DE ENCONTRO: aparcamento diante do colexio de Mende. Saída dende alí mesmo, a eso das 11 horas. Pregamos puntualidade

RECOMENDACIÓNS: será un paseo por pistas e sendas e compre levar calzado moi cómodo, auga para beber, protector solar, visera e o aparello que teñades para facer fotos: teléfono móvil, cámara compacta, cámara híbrida (non réflex pero con obxectivos intercambiables) ou cámara réflex. Levade o que queirades

No camiño haberá paradas e tempo para que a fotorreporteira Rosa Veiga desgrane explicacións técnicas e prácticas de fotografía, adaptadas a todolos participantes. Serán unas 4 horas de sesión práctica de fotografía nun entorno moi apropiado para mirar arredor, búscalo mellor encadre e “disparar” á caza das mellores imaxes

PERCORRIDO: Serán 3 kilómetros de camiño nos que ademáis de movelas pernas, a monitora tentará activar todo o que é necesario para facer fotos e comprender como e por qué se fan dun xeito ou doutro, diante unha paisaxe de bosque autóctono, piñeiral e acacias, rachado pola líña do río Lonia, que salta e corre entre penedos, orixinando “marmitas de xigante”, fervenzas e meandros que non teñen nada que envexar a outras do resto do mundo

Se percorrerá a beira esquerda do río Lonia, primeiro polo camino de Mende e logo por sendas estreitas que se acercan e alonxan do río até chegar á “presa negra”, que é o encoro de Castadón

Os pilotes de formigón armado dese encoro permiten o paso cara a beira dereita do río Lonia onde se encetará camiño de volta por veredas e algún vello camiño de carros, até o castro de San Tomé, logo polo pobo do mesmo nome e pola Verea Vella até o colexio de Mende

A XANTAR….XA!!! Dende o aparcamento do colexio de Mende, volta cara a cidade en coche que poderá quedar aparcado nas cercanías do restaurante 18, sito na rúa Curros Enríquez número 16. As rúas veciñas Samuel Eiján, Manuel Pereira, Celso Emilio Ferreiro serán bos lugares para deixalo coche para o resto da xornada gastro-fotográfica

O xantar será ás 15,00 horas e o menú:

-entrantes: táboa de embutidos ibéricos, mexilóns con vinagreta de fresa, táboa de queixos e guacamole de papaya

-segundo, a escoller no momento da inscripción, entre: merluza ó forno con tomate confitado ou entrecote de tenreira

-surtido de postres, pan, bebida e café

 

MÁIS FOTOGRAFÍA

Tralo xantar e co café na mesa, poderá encetar unha boa sobremesa a base ca visualización e comentarios arredor das fotografías da mañá, ó longo do camiño

A sesión de tarde se destinará a seguir aprendendo, resolver máis dúbidas, comentalas imaxes e escoller as preferidas de cada ún, polo motivo que sexa

O estudo fotográfico Ars Lumen, (rúa Pilar Miró, no barrio da Ponte) será o encargado de preparar as fotos seleccionadas, en papel e soporte adecuados, para que integren unha exposición que estará pendurada no propio restaurante 18 , uns días despois

 

INSCRIPCIÓN

Todas as persoas interesadas en participar nesta xornada de ruta gastrofotográfica, poden formalizar unha inscripción cos seus datos de contacto e co pago de 55 euros, en calqueira dos establecementos que organizan esta actividade

 

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información e tamén para inscripción, chamar:

Rosa Veiga

Teléfono 629 882 391

Contacto

Pilar Miro 1 Bajo Izda
32001 Ourense
988 044 037 - 646 681 239

Colaboradores y Equipos

Siguenos en:
Logo Facebook Logo Twitter Logo Google+
Logo Vimeo Logo Instagram Logo Yelp
© Ars Lumen Fotografía 2018
ACCESO CLIENTES